Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Noticias e notas de prensa

Por exemplo, 28/03/2024
Por exemplo, 28/03/2024

O Presidente do Consorcio de Augas do Louro Alejandro Lorenzo e o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro visitaron este luns as obras de remodelación da potabilizadora de As Chans para comprobar o avance das obras.

Hoxe é un bo día para aforrar uns litros de auga, mañá poderemos necesitalos.

Os efectos do cambio climático seguen facéndose sentir na nosa Comunidade, onde Augas de Galicia e a CHMS decretaron o estado de prealerta no abastecemento, polo escaso caudal circulante nos ríos e o nivel de reservas nos encoros de abastecemento á poboación.

Xa temos conosco os gañadores de 3º e 4º de Primaria dos municipios de Porriño, Tui, Mos e Salceda de Caselas premiados na 5ª Edición do Concurso de Debuxo:

“AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO". O EMOCIONANTE VIAXE DA AUGA DENDE A NATUREZA A TÚA CASA.

Lembrámosvos os premios do concurso:

O Consorcio de Augas do Louro iniciou este luns as obras de renovación de equipos de dosificación de reactivos na potabilizadora de As Chans, en Tui.

O Consorcio de Augas do Louro ten iniciado esta semana a execución das obras de conexión da depuradora de Herville á rede de saneamento existente, o que permitirá garantir o cumprimento das exigencias medioambientais necesarias para manter o río Miñoteira en bo estado.

A actuación contempla tamén as obras necesarias para manter a depuradora fora da zona de servidume dese cauce e a execución dunha rede de saneamento no lugar de Abelenda, no Concello de O Porriño.

O Consorcio de Augas do Louro ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana. Durante estes días a empresa ven realizando diversos traballos de campo e tomando mostras mediante sondaxes así como realizando ensaios de penetración no terreo para calcular a capacidade resistente do mesmo.

O Consorcio de Augas do Louro anuncia aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con motivo da situación de alarma por coronavirus.

O Consorcio de Augas do Louro, en coordinación coa empresa xestora do servizo e co fin de minimizar os riscos para os traballadores e usuarios dos servizos, debido á alerta sanitaria polo Coronavirus COVID-19, manterá pechadas as oficinas de atención ao público cando menos dende o luns 16 de Marzo ata o luns 30 de Marzo.

O Consorcio de Augas do Louro aprobou o pasado 9 de xullo o Calendario Fiscal cos períodos habilitados para o pago dos recibos do 2º semestre de 2019. Tamén se definiron as data de cargo para os usuarios que teñan o seu recibo domiciliado.

 

Representantes das 5 administracións consorciadas, Porriño, Tui, Salceda de Caselas, Mos e Xunta de Galicia, entregan os premios aos gañadores e finalistas do concurso nun acto celebrado o pasado 5 de Xuño na EDAR de Guillarei, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos acompañados dos seus familiares realizaron posteriormente unha pequena visita ás instalacións da EDAR de Guillarei.

 

Páxinas