Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

7ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "MISIÓN SOSTIBLE: ACCIÓN SALVAR O PLANETA

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia celebran a 7ª EDICIÓN DO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL con motivo do Día Mundial da Auga e nesta ocasión baixo o lema MISIÓN SOSTIBLE: ACCIÓN SALVAR O PLANETA.

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia, na súa aposta por potenciar a creatividade dos máis cativos e intensificar a súa función didáctica, invita ós rapaces dos concellos de O Porriño, Tui, Mos e Salceda de Caselas que cursen 3º e 4º Primaria, a participar e a súa vez, a aprender dunha maneira divertida, UNHA EXTRAORDINARIA VIAXE PARA COIDAR  DA AUGA E DO PLANETA.
 
Os nenos poderán participar dende 22 de marzo de 2024 Día Mundial da Auga ao 5 de xuño de 2024 día Mundial do Medioambiente e optar aos seguintes premios:
 
• 1º Premio: 1 Tablet 8”, para o neno gañador do concurso no seu Concello.
 
• 2º e 3º Premio: 2 reloxos dixitais smartwatch para o 2º e 3º clasificado de cada Concello.
 
Os nomes dos nenos gañadores comunicaranse a partir do 5 de Xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, nas oficinas do Consorcio, nos Concellos e aquí, na nosa páxina web.