Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Beneficios sociais e exencións

Enuméranse a continuación os casos ou circunstancias nas que se puidesen achar tanto as persoas como as entidades que permiten obter beneficios e exencións fiscais no que respecta ao pagamento dos servizos prestados polo Consorcio do Louro. Para os tres primeiros casos, é a administración tributaria a competente para o establecemento do modelo normalizado de solicitude e no que respecta á súa recepción, tramitación e resolución.

  • Será de aplicación unha dedución do 50% sobre a cota tributaria íntegra ás familias numerosas.
  • Aplícase a concesión de exencións a aquelas personas que se atopen nunha situación de exclusión social.
  • As entidades de iniciativa social son susceptibles de que se lles aplique a concesión de exencións.
  • Están exentas do pagamento da taxa por abastecemento ou subministracións domiciliarias de auga potable as instalacións deportivas de titularidade municipal.