Atención ao usuario e incidencias: 900 810 103

Abastecemento

O abastecemento é a primeira fase do ciclo integral do uso da auga. O Consorcio de Augas do Louro abastece actualmente ao concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, que en conxunto suman unha poboación no entorno de 60.000 habitantes, con presenza dun relevante compoñente industrial. Nesta fase inclúense as seguintes operacións:

1. ABASTECEMENTO DE AUGA EN ALTA OU ADUCIÓN

Captación: a fase de abastecemento comeza coa captación, mediante instalacións de alta capacidade, da auga que en forma de precipitación cae sobre as cuncas hidrográficas das que se abastece o Consorcio: a cunca do embalse de Eiras, formado polos ríos Oitavén e Barragán, e a cunca do Río Miño.

O embalse de Eiras créase mediante unha presa de tipo bóveda e ten unha capacidade de almacenamento de 21 hm3, cunha superficie próxima ás 149 Ha. Desde este embalse abastécese ao concello de Redondela, á ETAP de O Casal (Vigo) desde onde, á súa vez, se distribúe auga a Vigo e ao concello de O Morrazo, e á ETAP de Os Valos (Mos), desde a que se abastecen Mos (en parte), O Porriño e na actualidade tamén Salceda de Caselas.

O concello de Tui abastécese captando auga do Río Miño, a través dunha estación de bombeo de auga potable (E.B.A.P.), situada en Paramos que impulsa a auga á E.T.A.P. de As Chans (Tui).

Tratamento e depósito: nas Estacións de Tratamento de Auga Potable (E.T.A.P.) e depósitos de cabeceira. Nas E.T.A.P. a auga captada no medio natural é sometida a diversos procesos para eliminar todos aqueles elementos que poidan resultar nocivos para os consumidores, especialmente cheiros, cores e sabores desagradables, así como a posible contaminación bacteriolóxica presente na auga bruta.

No caso das ETAPs explotadas polo Consorcio de Augas do Louro, o tratamento consiste nunha precloración, filtración en area, postcloración e recuperación da auga de lavado.

2. SUBMINISTRACIÓN DE AUGA EN BAIXA OU DISTRIBUCIÓN

Transporte: a través de conducións de media ou baixa capacidade transpórtase a auga ata os puntos de consumo. O transporte realízase, en xeral, pola acción da gravidade desde os distintos depósitos de almacenamento intermedios. Requírese o uso de instalacións intermedias diversas (bombeos, estacións de regulación de presión e/ou caudal, depósitos intermedios, etc.).

Distribución: esta última operación finaliza na billa do consumidor.

Galería de imaxes: